Monday 29 de April de 2024

Luís Rey Villaverde aposta pola creación dunha asociación xuvenil en Oroso e poñer en valor a Aula da Xuventude de Sigüeiro


Entregados os diplomas do Curso de Monitor de Tempo Libre, cuxo alumnado comeza agora un período de 150 horas de prácticas laborais

“En materia de mocidade, no Concello de Oroso temos dous retos: crear unha asociación xuvenil, e aquí vexo moita materia prima, e despois darlle utilidade á Aula da Xuventude de Sigüeiro, que temos parada pero que queremos que estea chea de actividades”. Son palabras do concelleiro de Xuventude, Luís Rey Villaverde, durante o acto de entrega de diplomas do Curso de Monitor de Tempo Libre, impartido pola Escola Galega de Tempo Libre e no que tomaron parte 23 mozas e mozos do municipio.

Un acto que estivo presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, quen afondou na mesma cuestión. “Nunca vin neste centro cultural tanta mocidade”, recoñeceu Mirás Franqueira, “botamos en falta a participación da xuventude nas actividades polo que vos animo a seguir facendo actividades, a que vos acheguedes pola Aula da Xuventude e conseguir entre todos unha convivencia máis activa”. Neste sentido, tanto Rey Villaverde como Mirás Franqueira coincidiron en felicitar ao alumnado e convidalos a propoñer iniciativas dirixidas á mocidade do municipio.

Facer grupo

Pola súa banda, o director da Escola Galega de Tempo Libre, Isidro Nieto, asegurou que “este es uno de los cursos de lo que estoy más satisfecho porque está integrado por gentes con edades y niveles de formación muy diferentes” e lles lembrou que “un monitor de tiempo libre tiene que estar reciclándose continuamente”.

Así, Nieto les recordó que “somos educadores en tiempo libre. El juego es nuestro medio, no nuestro fin. Nuestro fin es hacer grupo, hacer una utilización positiva del tiempo libre y realizar también un trabajo preventivo que facilite una sociedad organizada. Lo lúdico sólo es nuestra herramienta”.

Este curso de monitor de tempo libre, que se celebró durante os últimos meses no centro cultural de Sigüeiro, ten unha duración de 350 horas lectivas, das que xa se impartiron as 200 horas teóricas. Agora, o alumnado afrontará as 150 horas de prácticas laborais nun sector con moita demanda de emprego, tanto en empresas como en administracións públicas.